Domingo, Fevereiro 19, 2006

 

Dúbidas

Non teño claro se retomalo ou non

Sábado, Fevereiro 12, 2005

 

"A vergoña do galego" e outras historias

Non Alba, non. O concello de Narón non tratou o recurso contra a Ordenanza do uso do galego como “se fora unha licenza urbanística”. Oxalá o fixera! De tratarse dunha solicitude de licenza, digamos por exemplo de "juanito", o concello aprobaría recorrer vinte mil veces e estaría o alcalde convocando roldas de prensa para falar de “agravios” á “oitava cidade” de Galiza.

Sabedes en que Concello de Ferrolterra ten lugar o Correlingua’2005? No de Narón. Supoño que será porque o uso do castelán dende e na institución municipal medra na mesma proporción que a construción de edificios. En fin, o que lle faltaba ao Correlingua!

Un dato digno de estudo. Audasa patrocinaba aos equipos de categorías superiores daqueles concellos polos que ía pasar a autoestrada. ENCE patrocina ao Pontevedra e agora REGANOSA ven de asinar un convenio para facer o mesmo co Racing de Ferrol cando menos até 2007. E seguro que hai máis exemplos!

Grazas, Barreiro Rivas, por ser tan claro á hora de explicar que está pasando con ENCE e que intereses están detrás das diferentes “manobras orquestrais e na escuridade”.



Sábado, Fevereiro 05, 2005

 

Canta razón!

A de Barreiro Rivas no seu artigo de hoxe a respecto das pretensións de ENCE de crear unha fábrica de papel tisú en Pontevedra. Di Barreiro, referíndose aos esforzos económicos da UE para recuperar espazos urbanos:

“Así es toda Europa, menos Pontevedra, que por defender dos centenares de empleos (como si el trabajo no fuese trasladable), está dispuesta a tirar por la borda la conurbación Poio-Pontevedra-Marín, y a dedicar el mejor espacio urbano de Galicia a una fábrica de papel tisú. Para mantener vivo el mayor disparate urbanístico del Norte de España hay políticos dispuestos a vulnerar la Ley de Costas y a mantener la cabecera de la ría repartida en tres aldeas, mientras piden un AVE de viajeros y lamentan la competencia de Vigo. Y, en un afán de manipulación sin precedentes, amenazan con que la jauja del tisú acabe en Navia o en Huelva, como si los asturianos la fuesen a poner en la alameda y los onubenses al lado de la catedral.”

Faltoulle engadir que en todo este lío nos meteu algún bancario con pretensións de banqueiro e tanta prepotencia coma desleixo.


Quarta-feira, Fevereiro 02, 2005

 

Que me corrixan se estou trabucado

Polas súas orixes e réxime que regula tanto os seus órganos de dirección coma o funcionamento das propias entidades, as “caixas de aforros” non son un banco privado e non se rexen nin polos mesmos principios, nin polos mesmos obxectivos.

“Caixa Galicia” debería ser iso e non obstante está converténdose no feudo particular da familia dun executivo demasiado ben pago, José Luis Méndez.

Méndez que quere sen banqueiro –non confundir co que é: traballador dunha caixa- pero cos cartos de todos nós meteu á entidade financeira que dirixe nunha leada que en Cataluña ou Euskadi serían impensábeis.

Caixa Galicia non aposta por salvar empresas ou sectores que poden ser estratéxicos para a economía galega pero si entra como accionista en ENCE e un xa non sabe, aínda que o sospeita, o motivo. O caso é que cada día cheira máis o tema ENCE-Pontevedra por máis que Caixa e PP teñan aliados tipo CC.OO e UGT.

Cheira porque hai instalacións diferentes e posíbeis para a fábrica de tisú se realmente a intención é facela. Claro que se o que se pretende é desgastar ao goberno de Lores…..

Por certo, espero que algún día haxa quen dea explicacións de porque aquí si somos coherentes e en Ferrol, Mugardos ou As Pontes………


Sábado, Janeiro 29, 2005

 

Pacto e debate na TVG

Son os dous retrousos que Quintana incorporou ao seu discurso. Mágoa que tanto “ofrecemento” non lle deixe tempo para facer política.


Quinta-feira, Janeiro 27, 2005

 

Lingua e cidade fidalga

A política municipal en Narón, nomeadamente nos últimos catro anos, daría para unha análise moi de vagar. Supuxo o comezo dun período en que Unidade por Narón (partido que poderiamos definir como a organización de primeiro Juan e despois “que-hay-de-lo-mío”) e compañeiros de viaxe-goberno, amparados no boom inmobiliario aplicaron a política do botafumeiro para, cun investimento en propaganda non alleo a curiosas relacións entre empresas de asesoramento-comunicación-edición e empresas promotoras, agochar un urbanismo de cemento e máis cemento, rúas-calexóns ou a falla-precarización-privatización de servizos básicos para un concello de máis de 30.000 habitantes e que se autoproclama como “cidade fidalga”.

Estes días Narón está de actualidade pola sentenza do TSXG que anula o acordo do Concello Pleno sobre o uso do galego na institución municipal. O grupo de goberno, Unidade por Narón, que tanto presume de ser “pioneiro” en todo, mesmo no que non o é, desta volta fai deixación dese espírito de vangarda e decide non recorrer a sentenza en base aos custos económicos do recurso. Curioso criterio nun concello no que –“será por dinero!”- se recorren outras sentenzas do TSXG que a primeira vista non é que teñan moitas posibilidades de prosperar.

O caso é que no tema da lingua o Concello de Narón prefire non seguir dando a batalla por máis que, segundo xuristas consultados, tiña moitas posibilidades de gañar porque os argumentos do TSXG chocan coa última doutrina do Tribunal Constitucional e mesmo con leis aprobadas non hai tanto –por exemplo, a nova Lei de normalización lingüística de Cataluña- que superan amplamente o acordado polo pleno de Narón.

P.S. Segundo “La Voz de Galicia” de hoxe, “El Bloque presenta una nueva moción al pleno sobre el uso del gallego. El BNG presentará mañana en el pleno ordinario de fin de mes una moción sobre el uso del gallego que matiza la que fue rechazada por una sentencia del Tribunal Superior de Justicia de Galicia. Pablo Villamar, portavoz nacionalista, explicó ayer que la nueva propuesta «matiza» los tres artículos que fueron anulados por el TSXG.”


Quarta-feira, Janeiro 26, 2005

 

Surrealismo

Cando un xuíz gaña o seu prestixio procurando artimañas para esquivar a lei,,,,, poden suceder cousas tan surrealistas coma estas:

<Garzón ha acordado citar a declarar a los 36 procesados el próximo 31 de enero, al tiempo que mantiene el embargo y administración judicial de las herriko tabernas, consideradas instrumento para la comisión del delito.
En el auto de procesamiento, de 267 folios, Garzón explica que la propia estructura de Herri Batasuna-Euskal Herritarrok-Batasuna "se encuentra integrada en grupo terrorista dirigido por ETA, habiendo sido creada para complementar su acción terrorista y hacerla más eficaz".
El juez precisa que en varios de los sumarios que ha instruido figuran integradas distintas estructuras, como HB-EH-Batasuna, en ETA-KAS-EKIN. Es decir, Kas-Ekin, como aparato político de ETA; Xaki, el aparato internacional; Jarrai-Haika-Segi como organizaciones juveniles; las Gestoras Pro Amnistía y las empresas Orain, Egin, Egin Irratia, Inprimategia, etcétera, y las herriko tabernas.
Las herriko tabernas, cuyo entramado es el objeto de este sumario, "fueron diseñadas, creadas, financiadas y dirigidas, a la vez que servían de nutrientes, en efecto retroalimentador, de la estructura militar, por la misma ETA, como parte integrante de ella". Sus dirigentes, que formaban parte de la mesa nacional y estructuras clandestinas, "han sido conscientes de esa subordinación y han aceptado la distribución de papeles en el desarrollo de la violencia, aunque ahora pretendan adoptar posiciones meramente nacionalistas que buscan el final del conflicto".
La resolución judicial señala como punto de inflexión en la trayectoria de la banda el atentado al Hipercor de Barcelona -en el que fueron asesinadas indiscriminadamente 21 personas- a partir del cual ETA precisa "dotar de un carácter pedagógico a la violencia terrorista".
En ese sentido, se emprendieron campañas como "Euskal Herria libre" o "Fuera de aquí", para presionar a jueces, fiscales y funcionarios de la Administración de Justicia, de los cuerpos y fuerzas de seguridad del Estado, periodistas, concejales, artistas y docentes universitarios>>

Segunda-feira, Janeiro 24, 2005

 

Barreirista que é un!

Non de Manolo Barreiro, por máis que escriba en galego e simpatice con algunhas das súas opinións. E cando digo isto, non me refiro a unha boa parte dos seus artigos de opinión en Vieiros.

Sí de Xosé Luis Barreiro, aínda que me cabree que escriba en castelán e non acepte os argumentos que utiliza para xustificar esta opción.

Sí de Xosé Luis Barreiro porque, por sendo de dereitas, é dos poucos que tanto no “aznarato” como na época do “talante” e do “pacto por Galiza” di verdades coma puños. E para mostra, o artigo de hoxe:

“LO QUE SUCEDIÓ en Madrid durante la manifestación convocada por la Asociación de Víctimas contra el Terrorismo era más que previsible. Llevamos varios años insuflando demagogia y partidismo al discurso antiterrorista, insinuando complicidades en todos los que no asumen un patrón único de comportamiento, y haciendo de la Ley del Talión la única respuesta considerada moral y eficiente contra la violencia. Por eso tiene una lógica aplastante que, ante la sola conjetura de una conversación informativa entre Sozialista Abertzaleak y el Gobierno, que carece de la bendición de los administradores de patentes patrióticas, se haya decidido resolver el problema a base de empujones y bastonazos.

La filosofía que anima estas convocatorias tiene una base maniquea que impide un juicio circunstancial y objetivo de los problemas y una respuesta adecuada en clave de gobierno. La hipervaloración social de las víctimas, propuestas como un referente ético y de calidad ciudadana, transfiere a las masas -anónimas y heterogéneas- la función legitimadora de las actuaciones. La confusión de papeles entre los manifestantes y los gobernantes, pensada para difuminar responsabilidades, convierte a las autoridades en acólitos de una turba de salvadores que crece de forma incesante. Y la demagogia rampante, que trata de pescar votos en el río revuelto de la indignación, nos presenta como graves e irresolubles problemas algunos de los grandes avances del Estado de derecho.

Si es un escándalo excarcelar a un preso cumplido, si el juez gana su prestigio buscando artimañas para soslayar la ley, si los fiscales acusan o hacen la vista gorda al socaire de las corrientes de opinión, si la alarma social es esencial en la interpretación de la norma, si todo el mundo está de acuerdo en que los tribunales son auxiliares cualificados de la acción policial y si el derecho procesal se usa para castigar sin sentencia, un Gobierno que se propone «trabajar por la esperanza» merece ser apaleado.

La presencia de Bono y Sevilla en la manifestación del sábado era un intento de estar al mismo tiempo en la procesión de la racionalidad, iniciada por Zapatero, y en las campanas de la demagogia, repicadas en la calle por una multitud de extraña composición. Y no me cabe ninguna duda de que los palos dados a Bono y los vítores ofrecidos a Acebes representan la culminación de un proceso de instrumentación de la lucha antiterrorista que puede darnos muchos disgustos y cerrarnos muchos caminos. Porque gobernar no es sinónimo de popularidad a corto plazo. Y todo parece indicar que está llegando el momento de reponer el principio de que si se siembran vientos se recogen tempestades.”


Domingo, Janeiro 23, 2005

 

Unha lingua condenada á desaparición

Cando menos ese vai ser o futuro do galego se nos atemos ás tres condicións sinaladas por Miguel Siguán para que unha lingua poida sobrevivir con éxito. Tódolos estudos apuntan que a situación do noso idioma non reúne ningún destes tres requisitos. Pérdese a transmisións interxeracional da lingua; e evidente o desleixo dos sectores influentes e, no tocante ás forzas políticas, si que pode haber consenso entre o PP e o PSOE pero para modificar, en sentido regresivo, a Lei de Normalización Lingüística. Non falamos do BNG porque a progresiva implantación no seo desta organización do “neoliberalismo lingüístico” requiriría varios artigos. Se alguén quere saber por onde van os tiros, algunhas columnas de Víctor Vaqueiro en ANT son moi clarificadoras.

O caso é que Siguán falou destas tres condicións no acto de presentación do Plan Xeral de Normalización Lingüística, un documento que para moitos é outra oportunidade perdida.

P.S. Prometía onte ligazóns que ilustren a desfeita de Ferrolterra. Son dun especial de LVG pero pagan a pena

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/noticia.jsp?CAT=122&TEXTO=3391896&txtDia=22&txtMes=1&txtAnho=2005

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/noticia.jsp?CAT=122&TEXTO=3391899&txtDia=22&txtMes=1&txtAnho=2005

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/noticia.jsp?CAT=122&TEXTO=3391900&txtDia=22&txtMes=1&txtAnho=2005

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/noticia.jsp?CAT=122&TEXTO=3391382&txtDia=22&txtMes=1&txtAnho=2005

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/noticia.jsp?CAT=122&TEXTO=3391391&txtDia=22&txtMes=1&txtAnho=2005

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/noticia.jsp?CAT=122&TEXTO=3391389&txtDia=22&txtMes=1&txtAnho=2005

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/noticia.jsp?CAT=122&TEXTO=3391385&txtDia=22&txtMes=1&txtAnho=2005

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/noticia.jsp?CAT=122&TEXTO=3391387&txtDia=22&txtMes=1&txtAnho=2005

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/noticia.jsp?CAT=122&TEXTO=3391467&txtDia=22&txtMes=1&txtAnho=2005

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/noticia.jsp?CAT=122&TEXTO=3391469&txtDia=22&txtMes=1&txtAnho=2005


Sábado, Janeiro 22, 2005

 

Adeus ASTANO

Aínda que para todos nós seguirá sendo Astano, é máis apropiado dicir: adeus Izar-Fene.

Condenárono na primeira reconversión do sector naval porque había que beneficiar os estaleiros de Andaluciía. Agora, os mesmos de antes, en nome da UE e do “talante”, veñen de rematalo para non prexudidar ao sur. Sería moi longo falar do proceso, de ZUR-ZIDS e demais siglas, de empresas tan fantasma coma aquela Sociedade Italiana do Vidro que presidía un dos Solana, das fábricas de galletas que prometía na Perla o daquela sindicalista Corcuera ou do triste papel de CC.OO e UGT….

Explicar as causas da desfeita non é doado. Claro que sempre hai “iluminados” que din que o problema está en que “esta comarca non tivo nin ten peso político”. Habería que se preguntar polo papel deste alcalde que nos 25 anos de democracia cambiou tantas veces de siglas e de aliados coma de coche.

PS. Mañá, cando xa estean na hemeroteca, inclúo as ligazóns a páxinas interesantes.


Sexta-feira, Janeiro 21, 2005

 

Se fose unha excepción!

Manuel Bragado, director de Edicións Xerais de Galicia, analiza nun artigo publicado en xornal.com a etapa de Lois Castrillo á fronte da alcaldía de Vigo e significa que se caracterizou por “iniciativas valiosas, pexadas por outras carencias innegables na súa xestión como foron (...) o seu escaso interese para potenciar efectivamente o uso do galego e a promoción da nosa cultura dende a institución municipal”.

Rescato a entrevista porque no BOP de hoxe a Deputación d’A Coruña publica a convocatoria de Concurso para la selección de un proyecto de instalaciones solares fotovoltaicas con conexión a la red, e instalaciones solares térmicas en 11 ayuntamientos de la provincia. Asinan o anuncio:

El Presidente en Funciones, Fdo.: Xaime Bello Costa.

El Secretario General, Fdo.: Jose L. Almau Supervía.

Se fose unha excepción!


Quinta-feira, Janeiro 20, 2005

 

Sen fíos

Agora que a Deputación d’A Coruña promove estudos para implantar a tecnoloxía WIFI nalgúns concellos, cómpre ver o que se fixo e está a facer por aí adiante. Eis, hai experiencias como a do Ajuntament de Denia, que utiliza a tecnoloxía WIFI para interconectar servizos municipais, ou concellos cataláns que para evitar os problemas de “competencia desleal” e fuxir de peches e sancións tipo os de Ponteareas ou Barcelona utilizan fórmulas tipo:

Ademais de experiencias, andei na procura de estudos que aportaran metodoloxía e criterios a aplicar cando se empeza a barallar implantar unha rede WIFI. Do que lin o que me pareceu máis interesante foi o de LocalRet que recomenda considerar máis ou menos as seguintes cuestións:

A) Aspectos xurídicos

- Xestión de autorizacións

- Constitución de sociedades mixtas ou outra fórmula de xestión

- Adaptación ao disposto na LSSI

B) Aspectos técnicos

- Deseño da rede WLAN conforme ás prioridades que se establezan (áreas, servizos....)

- Elección e deseño de acceso da Internet

- Determinación da politica de autentificación de usuarios e seguridade

- Deseño dos servizos (correo electrónico, aloxamento de webs, cortalumes, antivirus....)

C) Aspectos de xestión

- Comercialización

- Mantemento

- Operación

- Xestion económica

- Tarificación dos servizos segundo as tipoloxías de usuarios (empresas, particulares, grupos en risco de exclusión social....)

D) Viabilidade financeira

- Investimento

- Gastos correntes

- Previsión de usuarios e posíbeis ingresos mensuais (ter en conta aqueles accesos que se produzan en réxime de gratuidade por ir asociados a servizos ou a políticas sociais)


Quarta-feira, Janeiro 19, 2005

 

Guía moi útil

Os concellos, como administracións máis próximas aos cidadáns poden xogar un papel fundamental á hora de promover iniciativas que fomenten o uso das TIC. O capítulo III do informe “La sociedad de la información en España´2004” dá unha perspectiva global do labor neste eido das diferentes administracións e conclúe cunha pequena guía na que se describen os servizos básicos que calquera concello debe ter, xa sexa como usuario das TIC, xa sexa como provedor de servizos. Unha lectura máis que recomendábel.


Terça-feira, Janeiro 18, 2005

 

Soños e realidades

O SOÑO
“Los vecinos sabían que los tributos propios son básicos para reforzar la autonomía y para disciplinar a gobernantes y ciudadanos. Sabían también que su presencia hace visible el coste de los servicios y que la responsabilidad tributaria es siempre factor esencial del buen gobierno. Conocían igualmente que las subvenciones -instrumento útil de solidaridad- tienen rasgos negativos. Porque generan dependencia financiera, pueden distribuir mal la renta, provocan ilusiones fiscales, fomentan el clientelismo político y desarrollan paternalismos diversos. Por eso discutían y buscaban fórmulas justas de financiación, recurriendo siempre a la transparencia como sustrato de la equidad”. (Tirado do artigo de X. Alvárez Corbacho “Quien teme a la equidad”, publicado en “La Voz de Galicia do 18/01/2005).
A REALIDADE
“Xaime Bello, vicepresidente de la Diputación, y Pablo Villamar, portavoz del BNG de Narón y miembro de la corporación provincial, acudieron ayer a la sede de la cooperativa de O Val para informar personalmente a la directiva de la concesión de una ayuda de 150.000 euros para crear un centro de asistencia a personas mayores.” (Tirado de "La Voz de Galicia" do 12/01/2005)

Segunda-feira, Janeiro 17, 2005

 

Onde están?

Segundo informa galego.org "a secretaría de estado para Asuntos Europeos imprimiu catro millóns de volumes da euroconstitución nas catro linguas: galego, "catalán-valenciano", vasco e castelán. Pero alguén se confundiu ao contar os galegofalantes, porque mentres se imprimían 3.540.000 de exemplares en castelán (un 88,5%), só o 0,75%, unhas 30.000 euroconstitucións, se repartiron en galego: 1 para cada 66 falantes".


 

Rectificación

Teño que rectificar. Cando menos na zona de Santiago, La Voz de Galicia” distribuíu exemplares en galego da Constitución Europea. Como me dicían hai un momento: a ver se por unha vez lle fixeron caso ao Mapa Sociolingüístico!


This page is powered by Blogger. Isn't yours?